Re: Cangas

Fecha: 17.02.2019 | Autor: Meiga

Dicirche que sinto o terte molestado gravando un anaquiño de actuacion, entendo o que me explicaches e o respeto o cen por cen, so faltaba. Pese a que non o comparto, si o gravar me perdo o espectaculo, é a miña elección, non deberia importarche. Por un anaquiño de gravacion mesmo que fose para difundir, non considero que sexa roubar o teu traballo, antes ben é publicitalo e difundilo, como outros videos do youtube.... si agora eu empresto o teu libro tamen estou roubando o teu traballo?
Bueno, explicarche que de boisimo grado optei por perder un skech para facer feliz a miña nai que lle encantas e que dende Tui non podía vir verte.
Era tan so para iso, pero bueno o dito, que te respeto profundamente, que hai anos que sigo polas redes a un paporubio, e que hoxe durante duas horas esquecemos a tristura. GRAZAS

Nuevo comentario